Instrucións para o acceso e a admisión do alumnado nas ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño


19 Xun, 2020

DOGRESOLUCIÓN do 9 de xuño de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o acceso e a admisión do alumnado nas ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño para o curso 2020/21.

1. A inscrición para o acceso e admisión farase na secretaría da escola de arte e superior de deseño pública elixida en primeiro lugar na cal se impartan as correspondentes ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño, ou ben telematicamente mediante o enlace habilitado á aplicación CodexPro na páxina web da escola.

2. O prazo para a inscrición comprende desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o día 3 de xullo para os ciclos de grao superior e ata o 4 de setembro para os ciclos de grao medio.

3. Para a formalización das solicitudes de admisión, as escolas de arte e superiores de deseño onde se impartan estas ensinanzas facilitaranlles ás persoas interesadas o modelo para o efecto ou o acceso á aplicación informática CodexPro en que facer a inscrición. Unha vez cuberto, entregarase unha única solicitude na Secretaría da escola, ou no correo electrónico desta, á cal se queira acceder como primeira ou única opción, xunto coas copias cotexadas da documentación que proceda, segundo o caso, para a acreditación dos datos consignados.

1. As probas de acceso ás ensinanzas de grao medio realizaranse nas escolas de arte e superiores de deseño en que se inscribisen as persoas aspirantes:

Proba de madureza: día 9 de setembro e Proba específica: día 15 de setembro.

2. As probas de acceso ás ensinanzas de grao superior realizaranse nas escolas de arte e superiores de deseño en que se inscribisen as persoas aspirantes:

Proba de madureza: día 10 de xullo e Proba específica: día 20 de xullo.