RESUMO da Mesa Sectorial - Borrador calendario escolar e rogos e preguntas


16 Xun, 2020

WEB - RESUMO COMPLETO da Mesa Sectorial co punto de Borrador do Calendario Escolar para o curso 2020/21

 

Rogos e Preguntas

  • Desde ANPE Galicia demandamos a creación dun grupo de traballo para abordar de xeito profundo e serio o vindeiro curso escolar.
  • Solicitamos que se nos informe de cando será a convocatoria de cátedras e do CADP.
  • En relación ás dispensas de asistencia a actividades lectivas presenciais para profesorado en risco ou con conciliación, desde a Administración a moitos se lles está a informar de que rematado o Estado de Alarma remata dita dispensa cando aínda non se pronunciou a inspección médica en moitos dos casos. Desde ANPE Galicia consideramos que dita dispensa debe continuar. 
  • Desde ANPE Galicia criticamos o importante recorte en número de horas de docencia que se prevé para os auxiliares de conversa o vindeiro curso.
  • Denunciamos de novo a aumento considerable da burocracia nos centros educativos. Todo o profesorado ten a obriga de cubrir o informe AL035 individualizado por cada alumno e por cada especialidade. Desde ANPE consideramos que o informe debería estar cuberto polo titor/titora coas achegas realizadas polo profesorado que imparte cada materia e non un por cada profesor/a. A Administración resposta que é un documento guía e aberto para que o titor/a o cubra coa información do restante profesorado. Unha ou dúas follas por materia non máis. Será todo o extenso que determine o profesor responsable de cubrilo. Pódese tamén cubrir agrupando especialidades. O importante é que recollan todas as medidas necesarias de cara ao vindeiro curso.
  • Denunciamos os problemas derivados das diferentes interpretacións que fan desde as inspeccións educativas da orde de prorroga dos equipos directivos (problemas que xa anticipamos na Mesa Sectorial na que se tratou dita prorroga). Hai inspeccións que obrigan a vicedireccións, xefaturas de estudos a ampliar a súa comisión de servizos cando xa obtiveron destino no concurso de traslados. Solicitamos unha aclaración ao respecto e, sobre todo, unificación de criterios de actuación.
  • Denunciamos que o profesorado ten que realizar tarefas de limpeza do material educativo e dos centros educativos que non son da súa competencia.
  • Denunciamos a situación da ESENGRA de Ferrol onde se obriga ao profesorado a retomar as actividades lectivas presenciais. A Administración elude a súa responsabilidade e pásalle a pelota á inspección central do Estado. ANPE Galicia recorda que é profesorado posto pola Consellería e suxeito aos dereitos de deberes establecidos para o resto do profesorado galego.
  • Solicitamos información sobre se está solucionada ou non a problemática derivada do envío de cualificacións a través do servizo Abalar Móbil xa que non deixa constancia de se hai promoción ou non, de notas medias, etc. A Administración resposta que o estudarán técnicamente.
  • Solicitamos que se nos informe das medidas que se van tomar o vindeiro curso co profesorado específico (AL, PT, ciclos formativos específicos) que pola súas características metodolóxicas non van poder manter unhas medidas de distanciamento co seu alumnado.
  • Solicitamos información sobre se o profesorado do programa Inclue-T remata o seu contrato o día 30 de xuño como o dos restantes contratos-programas ou se mantén ata o día 15 de setembro como estaba establecido inicialmente. A Administración mirará como está o tema pero non pode dar unha resposta neste momento aínda que afirma que non variará o que estaba establecido nos contratos.
  • Solicitamos tamén información sobre o que vai a suceder coas licenzas de formación que foron suspendidas no terceiro trimestre do actual curso escolar. A Administración responde que Licenzas e Reintegro por actividades de formación sairán dentro deste ano pero, non precisou datas. 
  • Denunciamos os problemas que están xurdindo para a obtención da chave365 para poder matricularse nos procesos selectivos. Hai CIFP que non teñen novas aínda a data de hoxe de como proceder cando o prazo remata dentro de 3 días. A Administración debe dar unha solución a esta problemática para que tod@s os afectad@s poidan matricularse. Se é necesario debe ampliarse o prazo de matriculación.
  • Para finalizar demandamos un plan ambicioso de dixitalización do ensino galego, de regulación normativa do teletraballo e de formación do profesorado nestes temas.