Tendo en conta a situación excepcional xerada como consecuencia da COVID-19, e aínda prevendo o retorno á actividade lectiva presencial en determinados niveis e con carácter voluntario, resulta imposible que se poidan desenvolver os proxectos de fomento do uso do galego presentados, dada a tipoloxía da gran maioría das súas actividades e o calendario establecido, sen prexuízo de que se poidan ter en conta para as próximas convocatorias.
Deixar sen efecto as bases e convocatorias das seguintes ordes:
– Orde do 27 de decembro de 2019 pola que se anuncia a convocatoria de axudas para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade pública de Galicia que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios, para o curso escolar 2019/20 (código de procedemento PL500A) (DOG núm. 20, do 30 de xaneiro de 2020).
Esta orde poderá ser impugnada mediante recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Cultura e Turismo no prazo dun mes.