Anulación do Certame de Cooperativismo no Ensino


10 Xun, 2020

DOGORDE do 26 de maio de 2020 pola que se deixan sen efecto a Orde do 3 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras do certame Cooperativismo no ensino, dirixido ao alumnado dos centros educativos de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020, e a Orde do 3 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras dos premios á cooperación e se procede á súa convocatoria para o ano 2020.

Ambas ordes teñen como finalidade última difundir e promover o cooperativismo, a través do recoñecemento público do labor realizado polas cooperativas e os centros de ensino. Con este obxecto celébranse actos de entrega dos premios, ben nos centros educativos ou ben no transcurso do acto público que habitualmente ten lugar con motivo do Día do Cooperativismo Galego.

A aparición do COVID-19 require adoptar medidas preventivas para evitar a propagación da enfermidade, co que os citados actos de entrega dos premios non van poder ser realizados, o que impide ás ordes acadar a súa finalidade de visibilización do cooperativismo.

Así mesmo, no caso do certame Cooperativismo no ensino, as medidas de contención no ámbito educativo e da formación impediron a moitos centros elaborar os seus traballos,o que limita de xeito relevante a concorrencia e impide acadar a finalidade do programa.

Deixar sen efecto a Orde do 3 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras do certame Cooperativismo no ensino, dirixido ao alumnado dos centros educativos de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020, e a Orde do 3 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras dos premios á cooperación e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (DOG núm. 5, do 9 de xaneiro), como consecuencia da situación provocada polo COVID-19.

Esta orde poderá ser impugnada mediante recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes.