ANPE pide que a partida orzamentaria se destine á adecuación de centros, dixitalización e aumento de persoal


08 Xun, 2020

NPANPE SOSTÉN QUE A PARTIDA ORZAMENTARIA EN EDUCACIÓN DEBERÍA DESTINARSE Á REMODELACIÓN DOS CENTROS, AO AUMENTO DE PERSOAL DOCENTES E A UN PLAN DE DIXITALIZACIÓN 

O goberno anuncia que transferirá 2.000 millóns para Educación ás comunidades autónomas. Partida que sae dos 16.000 millóns de euros para facer fronte ás consecuencias derivadas da pandemia e que será aprobado o vindeiro martes polo Consello de Ministros. 

Para ANPE calquera aumento na partida orzamentaria destinada a Educación considérao necesario e máis nesta ocasión, debido á diminución que causou esta pandemia á comunidade educativa e á reactivación dos centros educativos para o próximo curso escolar. Agora ben, ANPE esixe que se dea a coñecer detalladamente as partidas e as cantidades asignadas deste orzamento destinado a Educación. Este investimento educativo que realiza o goberno, non debe ser unha medida meramente conxuntural, ten que ser unha medida estrutural que permita alcanzar a porcentaxe de investimento da media dos países da OCDE. 

Antes da crise sanitaria, o Ministerio de Educación e Formación Profesional contemplaba un plan de incremento do gasto público en educación ata un mínimo do 5% do PIB, por encima do investimento medio da UE (4,88%). Por tanto, máis aló de supoñer unha medida de continxencia pola crise é un compromiso establecido previamente no programa de goberno. Nos 2.000 millóns que corresponden a Educación distribuiríase o 80% á poboación de 0-16 anos e o 20%, á poboación de 16 a 24 anos.  Para ANPE, a repartición deberíase realizar de maneira proporcional ao número de alumnado por comunidade autónoma, atendendo ao principio de igualdade de oportunidades. 

Para ANPE, o obxectivo do próximo curso debe garantir o máximo de horas presenciais posibles e para iso este investimento en Educación debería destinarse a: 

• Deseñar un plan de remodelación dos centros educativos adaptados ás novas medidas preventivas: dotar aos centros educativos de material de protección e hixiene; limpar e desinfectarvarias veces ao día; distribuír os espazos para manter o distanciamento social; xestionar os residuos no centro e dotalos de persoal de enfermería. 

• Reforzar e aumentar os persoais docentes. As medidas de distanciamento social obrigan a baixar a ratio e a desdobrar as aulas. Doutra banda, hai que levar a cabo plans específicos de apoio e reforzo educativo co alumnado que non puido realizar un proceso de ensino-aprendizaxe adecuado do terceiro trimestre do curso 2019-20. E hai que substituír ao profesorado vulnerable ante o covid19. 

• Un Plan de dixitalización: dotar de recursos tecnolóxicos aos centros, alumnos e docentes; adaptar os currículos e levar a cabo os cambios metodolóxicos que permiten integrar a educación presencial e online. 

Este plan é necesario debido aos rebrotes que poidan xurdir e obriguen, outra vez, ao peche dos centros. 

A reapertura dos centros no mes de setembro debe garantir todas as medidas preventivas fronte ao covid-19 e, á vez, ten que ser compatible co proceso de ensino-aprendizaxe. Toda esta posta en marcha recae sobre as comunidades autónomas, pero o goberno debe dotar co orzamento necesario e definir as cantidades e partidas para facer fronte a este novo reto e superalo con éxito. 

                                                                                          Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2020