Instrucións para admisión e acceso de alumnado ás Ensinanzas Artísticas Superiores


17 Xun, 2020

DOGInstrucións para admisión e acceso de alumnado ás Ensinanzas Artísticas Superiores de Arte Dramática, de Conservación e Restauración de Bens Culturais, de Deseño, e de Música para o curso 2020/2021

Con carácter xeral, as solicitudes para participar nestas probas de acceso poderanse presentar desde o día 18 ata o día 29 de xuño, ambos os dous incluídos, por vía telemática cubrindo o formulario dispoñible en: https://www.edu.xunta.es/eas/   e empregando o certificado dixital ou sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).Non obstante, tamén se poderá formalizar a inscrición directamente nas Secretarías dos centros das diversas ensinanzas.

As probas substitutivas do requisito de titulación de bacharelato terán lugar o día 6 de xullo en Santiago de Compostela, e as probas específicas para as distintas ensinanzas artísticas superiores darán comezo o día 13 de xullo nos centros educativos correspondentes, de acordo cos calendarios que figuran nas respectivas resolucións.

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o acceso e admisión do alumnado nas ensinanzas superiores de ARTE DRAMÁTICA para o curso 2020/21.

 

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o acceso e admisión do alumnado nas ensinanzas superiores de CONSERVACIÓN e RESTAURACIÓN de BENS CULTURAIS para o curso 2020/21.

 

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o acceso e admisión do alumnado nas ensinanzas superiores de DESEÑO para o curso 2020/21. 

 

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o acceso e admisión do alumnado nas ensinanzas superiores de MÚSICA para o curso 2020/21.