WEB - RECOÑECEMENTO DE NOVAS ESPECIALIDADES POLO PERSOAL FUNCIONARIO DE CARREIRA DO CORPO DE MESTRES
Durante o mes de xuño estará aberto o prazo para que o persoal docente funcionario de carreira do corpo de mestres que reúna os requisitos para a adquisición de novas especialidades establecidos no anexo do Real decreto 1594/2011, do 4 de novembro, polo que se establecen as especialidades docentes do corpo de mestres que desempeñen as súas funcións nas etapas de educación infantil e de educación primaria reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (BOE núm. 270, do 9 de novembro) poida solicitar o recoñecemento de novas especialidades.
O prazo permanecerá aberto nesta convocatoria desde o 1 de xuño ata o día 30 de xuño de 2020, ambos incluídos (Orde do 10 de xaneiro de 2012 pola que se establece o procedemento de recoñecemento de especialidades do persoal funcionario de carreira do corpo de mestres, DOG nº 14, do 20 de xaneiro)
Para calquera aclaración ou dúbida, o persoal docente pode poñerse en contacto co servizo:
Primaria:
Teléfonos:981 545 495 - 981 544 487
Ou ben a través do correo electrónico persoal.primaria@edu.xunta.es