Resolución do 11 de marzo de 2020 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de ensino secundario (590), especialidade de navegación e instalacións mariñas (109), de sistemas electrónicos (124), de sistemas electrotécnicos e automáticos (125) e no corpo de profesores técnicos de formación profesional (591), especialidade de equipos electrónicos (202), de instalacións electrotécnicas (206), de máquinas, servizos e produción (210) e de mecanizado e mantemento de máquinas (211).
- Prazo para alegacións: 5 días hábiles dende o día seguinte ao da publicación que se realizou o 11 de marzo de 2020, polo tanto o prazo iniciouse o día 12 de marzo e rematará o vindeiro 3 de xuño de 2020 incluído.
Resolución do 13 de marzo de 2020 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de mestres, especialidades de Lingua estranxeira: Inglés(597032) e Lingua estranxeira: Francés (597033)
- Prazo para alegacións: 5 días hábiles dende o día seguinte ao da publicación que se realizou o 13 de marzo de 2020, polo tanto o prazo iníciase o día 1 de xuño e remata o 5 de xuño de 2020, ambos incluídos.