() En resumo, coa normativa en vigor non é posible acumular a oferta pública de emprego para o acceso aoscorpos docentes regulados na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, correspondente ao ano 2020, coa que eventualmente poida aprobarse para o ano 2021, pois xa se acadaron as taxas de estabilización de empregotemporal e, como ben sinalou o Ministerio, precísase unha lei de orzamentos do Estado para aprobar asofertas de emprego público de estabilización de emprego temporal do 2021 en diante. En consecuencia, áeventual oferta do ano 2021 non se lle aplicaría o réxime especial e transitorio previsto na disposicióntransitoria terceira do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro.