Instrucións ampliadas e concretadas para o desenvolvemento do 3º trimestre


29 Mai, 2020

WEBInstrucións do 28 de maio de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se amplían e concretan determinados aspectos das Instrucións do 27 de abril de 2020 para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia

() Os centros educativos non poderán realizar probas de modo presencial ao alumnado. Aqueles centros que tiveran previsto a realización de probas presenciais, coa finalidade de aumentar as oportunidades do alumnado para superar as materias pendentes ou con avaliación negativa, só poderán realizalas de modo non presencial. ()

() Polas circunstancias excepcionais do desenvolvemento do terceiro trimestre do curso 2019/2020, nos documentos de avaliación os centros educativos rexistrarán as cualificacións da primeira e da segunda avaliación e as cualificacións da avaliación final. Non se rexistrarán cualificacións da terceira avaliación. ()

O informe individualizado recollido no punto 7.4 das Instrucións do 27 de abril será coordinado polo profesorado titor coas aportacións do profesorado do grupo. Facilitarase o modelo aos centros educativos.