FP - Novas datas para o desenvolvemento do proceso de acreditación de competencias


27 Mai, 2020

WEB Novas datas para o desenvolvemento do proceso de acreditación de competencias. Convocatoria 2020

Publicada a Resolución do 26 de maio de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, sobre o restablecemento do procedemento de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na comunidade autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do catálogo nacional de cualificacións profesionais (código de procedemento ED517B).

a) As listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas para cada unidade de competencia publicaranse, con indicación da causa de exclusión, a partir do 26 de maio no portal educativo da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativahttp://www.edu.xunta.es/fp, e terá efectos de notificación ás persoas interesadas.

b) As persoas aspirantes poderán presentar reclamación contra as listaxes provisionais, que se poderá xerar desde a aplicación informática de xestión do procedemento, no prazo de 7 días naturais, contados desde o día seguinte ao da súa publicación e deberá presentarse a través da plataforma https://sede.xunta.gal/. Para o caso de envío por correo á sede onde se xestiona a súa solicitude, este deberá ser certificado, co selo de correos no encabezamento da primeira folla do formulario para reflectir a data de entrada.

a) As listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas para cada unidade de competencia publicaranse a partir do 11 de xuño, con indicación da causa de exclusión

Información sobre convocatoria de acreditación de competencias 2020