Probas para certificados CELGA - reapertura de prazo de presentación de solicitudes


27 Mai, 2020

DOGRESOLUCIÓN do 20 de maio de 2020, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se continúa o prazo de presentación de solicitudes e se adía a realización das probas convocadas mediante a Resolución do 6 de marzo de 2020 para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2020 (código de procedemento PL500C).

O pasado 12 de marzo de 2020, no Diario Oficial de Galicia núm. 49, publicouse a Resolución do 6 de marzo de 2020, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocaban as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2020 (código de procedemento PL500C).

Como consecuencia do Estado de Alarma, interrompeuse o prazo para a presentación de solicitudes correspondente á convocatoria das probas para a obtención dos certificados de lingua galega (Celga) cando faltaban catorce días para a súa finalización.

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2020, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2020 (código de procedemento PL500C).

Continuar o prazo de presentación de solicitudes para a realización das probas convocadas mediante a Resolución do 6 de marzo de 2020, para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2020 (código de procedemento PL500C), que será de catorce días contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG. 

Ao resultar imposible manter como data para presentarse ás probas o mes de maio e/ou xuño de 2020, tal como recollía a Resolución do 6 de marzo, a realización destas adíase ata o mes de setembro e/ou outubro de 2020, sempre que a evolución da crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 o permita. As datas concretas serán debidamente publicitadas no DOG, así como na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal).