• Noticia destacada

MUFACE - Canles para cambio ordinario de entidade sanitaria en XUÑO


28 Mai, 2020

WEBCanles para cambio ordinario de entidade sanitaria en XUÑO

Durante o mes de xuño pódese realizar o cambio ordinario de entidade sanitaria. O acceso ás oficinas de MUFACE nas distintas provincias está limitado e restrinxida a atención presencial, polo que, as oficinas só atenden urxencias ou cuestións que non poden resolverse por tfno., email ou Internet. Salvo en caso de urxencias de asistencia sanitaria, débese contactar sempre previamente coa oficina antes de acudir e recibir atención presencial, xa sexa por tfno. ou por email, e estar atento/a á web e ó Twitter @ mufaceoficial, xa que están a implantar canles específicos de cita previa. Por todo iso, piden que non se vaia ás oficinas para facer o trámite de cambio de entidade.

A solicitude de cambio de entidade, en xuño de 2020, deberá realizarse alternativamente:

1) A través da Sede Electrónica de Muface utilizando os medios de acceso proporcionados pola plataforma Cl@ve (certificado dixital, DNI electrónico, Cl@vepermanente ou Cl@ve PIN).

2) Por correo postal, descargando e enviando o Modelo de Solicitud Cambio_de_Entidad, cumprimentado e firmado, ao Servizo Provincial.

>> Para consultas pode contactar co  Servizo Provincial, cubrir o Formulario web da Oficina de Atención ao Mutualista ou a través do teléfono 060.

É fundamental que MUFACE teña os datos persoais dos mutualistas actualizados na súa base de datos: dirección postal, teléfono, móbil e correo electrónico.

Podese comprobar electrónicamente a través do servizo de Actualización de datos ENLACE da sede electrónica, con Cl@ve, certificado electrónico ou DNI-E .

De ter problemas con esta canle, debe chamar ao servizo provincial ou escribir un correo electrónico. Se os datos son erróneos ou non constan, non PODERÍAN COMUNICARSE de maneira eficaz co mutualista.