FP - Novas datas para a celebración das probas de acceso de grao medio e de grao superior


25 Mai, 2020

WEBPublicada a Resolución do 24 de maio de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se adoptan medidas para o desenvolvemento das probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior de Formación Profesional do sistema educativo.

As probas de acceso aos ciclos de grao medio terán lugar o día 10 de xuño de 2020. As persoas inscritas deberán presentar, para a realización da proba, o seu documento oficial de identidade e a copia da folla da solicitude de inscrición. As probas desenvolveranse no horario que se indica deseguido:

- Ás 9.00 horas: presentación.

- Das 9.30 ás 13.00 horas: parte matemática e parte sociolingüística.

- Das 16.00 ás 18.00 horas: parte científico-técnica.

As probas de acceso aos ciclos de grao superior terán lugar o día 11 de xuño de 2020. As persoas inscritas deberán presentar, para a realización da proba, o seu documento oficial de identidade e a copia da folla da solicitude de inscrición. As probas desenvolveranse no horario que se indica deseguido:

-Ás 9.00 horas: presentación.

-Das 9.30 ás 13.00 horas: parte común da proba (Matemáticas, Lingua Galega e Lingua Castelá).

-Das 16.00 ás 18.30 horas: parte específica da proba (materias específicas da opción vinculada ao ciclo formativo a que se desexe acceder, segundo o anexo VII da orde da convocatoria).

Acceso á información da convocatoria de probas de acceso de grao medio

Acceso á información da convocatoria de probas de acceso de grao superior

15/06/2020 - Publicados os exames e as respostas da convocatoria 2020 de probas de acceso a ciclos formativos de grao superior.