Podedes facer as achegas que consideredes oportunas antes do martes día 19 de maio por mail a galicia@anpe.es
As sucesivas prórrogas do estado de alarma seguen a impedir a publicación e, por conseguinte, o desenvolvemento ordinario do concurso de méritos para a selección e o nomeamento da dirección dos centros docentes públicos que imparten as ensinanzas reguladas na lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, que necesariamente ten que estar rematado con anterioridade ao 30 de xuño de 2020. Por esta razón, é necesario acudir ao nomeamento accidental da dirección regulado no artigo 17 do Decreto 29/2007,do 8 de marzo. Asemade, a disposición derradeira primeira do propio Decreto autoriza a conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional a ditar todas as disposicións que sexan necesarias para a execución do mesmo
Con carácter xeral, prorrógase por un ano, ata o 30 de xuño de 2021, o nomeamento das direccións dos centros docentes públicos onde se imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, nos que procedía a convocatoria de concurso de méritos para a selección e o nomeamento da dirección con efectividade do 1 de xullo de 2020.
Artigo 2. Excepcións ás prórrogas dos nomeamentos da dirección dos centros docentes públicos
1. A xefatura territorial correspondente da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional poderá aceptar a renuncia á prórroga establecida no artigo 1 desta orde cando a persoa interesada alegue a obtención dun destino definitivo, con efectividade do 1 de setembro de 2020, ou outras causas que se consideren xustificadas.
2. A xefatura territorial correspondente da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional poderá, excepcionalmente, non prorrogar o nomeamento da dirección prevista no artigo 1 desta orde, previos os informes que estime convenientes e, en todo caso, da inspección educativa.
Artigo 3. Outros nomeamentos accidentais da dirección dos centros docentes públicos
De conformidade co establecido no artigo 17.2 do Decreto 29/2007, do 8 de marzo, no caso de cesamento da dirección durante o presente curso escolar, a xefatura territorial correspondente da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional realizará nomeamento accidental da dirección, ata o 30 de xuño de 2021.
Á espera da súa publicación no DOG