Instrucións aclaratorias do acordo do Consello da Xunta no ámbito dos centros educativos


08 Mai, 2020

WEBInstrucións pola que aclaran extremos do acordo do Consello da Xunta polo que se aproba o protocolo de reincorporación dos empregados públicos ao traballo presencial e as medidas de prevención fronte ao COVID-19 no ámbito dos centros educativos

1) Nos centros educativos nos que exista persoal subalterno ou de conserxaría é obrigatoria a presenza no centro, a partir do 11 de maio de 2020, nos días que estableza a dirección do centro educativo para colaborar na atención ao publico e nas restantes tarefas ordinariamente atribuídas.


2) Dende a mesma data é obrigatoria a presenza do persoal de mantemento para a realización daquelas actividades que estableza a dirección do centro.