- Profesorado en situación de expectativa de destino o persoal funcionario dos corpos docentes que se relacionan no anexo II.
- Cuarto. No caso de que ata o 31 de agosto deste ano resulten suprimidos postos detraballo adxudicados pola presente resolución e co obxecto de determinar cal é o profesorado afectado pola dita supresión, observarase o disposto no artigo 3 do Decreto 140/2006, do 31 de agosto, polo que se determinan os criterios de perda do destino definitivo.
- Tamén se poderán declarar anulados os destinos adxudicados que estean afectados pola estimación de recursos derivados desta resolución. O profesorado afectado e que participa como forzoso quedará na situación de suprimido con dereito preferente á localidade/zona en que se lle anula o posto de traballo obtido.
- A toma de posesión dos novos destinos adxudicados, que se realizará na xefatura territorial correspondente, terá efectividade administrativa do 1 de setembro de 2020, polo que o cesamento nos centros anteriores se expedirá con efectividade do 31 de agosto de 2020. Non obstante, o profesorado que obtivese destino neste concurso deberá permanecer no seu centro de orixe ata que conclúan as actividades imprescindibles previstas para a finalización do curso.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o director xeral de Centros e Recursos Humanos no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o xulgado do contencioso-administrativo que sexa competente, de acordo co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Porén, segundo o establecido na disposición adicional terceira do Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación da crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, o prazo para a presentación dos anteditos recursos iniciarase, se for o caso, no momento en que perda vixencia o acordo ou, se é o caso, as prórrogas deste.