Medidas educativas na Fase 1: admisión de alumnado, persoal que deberá estar no centro e reanudación FCT


06 Mai, 2020

DOGRESOLUCIÓN do 5 de maio de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade a diversos acordos do Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop), do 5 de maio de 2020.

ÁMBITO EDUCATIVO a partir da páxina 19132

 

1. APERTURA DE PRAZO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO

O prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes.

 2. PERSOAL NO CENTRO EDUCATIVO  NA FASE 1

A partir do día 11 de maio é obrigatoria a presenza nos centros educativos de ensino non universitario de 6 ou máis unidades de, polo menos, un membro do equipo directivo no horario habitual do centro, en xornada de mañá.

Nos centros de menos de 6 unidades é obrigada a presenza do director ou profesor responsable os días precisos para a realización dos trámites de escolarización e presentación da documentación ou doutros procedementos.

Nos centros educativos en que exista persoal administrativo é obrigatoria a presenza no centro nos días que estableza a dirección do centro educativo para atender todos os trámites derivados do proceso de admisión e doutros procedementos.

Desde a mesma data é obrigatoria a presenza do persoal de limpeza nos centros educativos para a realización de tarefas de limpeza e desinfección.

3. FP -  Acórdase levantar a suspensión de realización da formación en centros de traballo recollida na Resolución do 12 de marzo de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se lle dá publicidade ao Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de marzo de 2020, polo que se adoptan as medidas preventivas en materia de saúde pública na Comunidade Autónoma de Galicia, como consecuencia da evolución da epidemia do coronavirus COVID-19.