Creación do CEIP Novo Mesoiro, no concello da Coruña.


04 Mai, 2020

DOGDECRETO 67/2020, do 12 de marzo, de creación do colexio de educación infantil e primaria Novo Mesoiro, no concello da Coruña.

Artigo único. Creación dun colexio de educación infantil e primaria

Créase o colexio de educación infantil e primaria Novo Mesoiro, no concello da Coruña (código 15033228), con capacidade para 6 unidades de educación infantil e 12 unidades de educación primaria.

Disposición adicional única. Situación do profesorado

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional determinará as necesidades de acordo coa normativa aplicable.

Disposición derradeira primeira. Desenvolvemento normativo

Facúltase a persoa titular da consellería con competencias en materia de educación para ditar, no ámbito das súas competencias, as disposicións necesarias para executar e desenvolver este decreto.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.