ANPE esixe ás administracións educativas que aclaren a posible volta aos centros educativos


29 Abr, 2020

NP - ANPE ESIXE AO MINISTERIO E ÁS ADMINISTRACIÓNS EDUCATIVAS QUE ACLAREN A CONFUSIÓN XERADA COA POSIBLE VOLTA AOS CENTROS EDUCATIVOS ANTES DE XUÑO E QUE SE CUMPRAN AS MEDIDAS SANITARIAS ANTES DE RENOVAR CALQUERA ACTIVIDADE 

A intervención do presidente do goberno deixou claro onte que as clases presenciais reiniciaranse en setembro, pero xerou confusión ao deixar aberta a posibilidade, na segunda fase do plan de desescalada, da apertura dos centros para realizar unha serie actividades como:

 • Na fase 1, desde o 11 de maio, indícase que abrirán os centros “para desinfección e traballo administrativo e preparatorio dos profesores e persoal auxiliar”. 

• Na fase 2, só poderán volver ás aulas os nenos menores de 6 anos, con aulas limitadas no aforo. E voluntariamente poderán abrir cursos terminais (4º ESO, 2º Bach, FP) e centros de educación especial. Por encima de 15 alumnos, os grupos desdobraranse á metade. 

Cabe lembrar que o curso continúa, que non foi suspendido co esforzo do profesorado para montar a formación a distancia que non existía

De acordo coas instrucións do MEFPe das Consellerías, os docentes centraron o seu esforzo en consolidar e profundar nas aprendizaxes adquiridas nas clases presenciais dos dous primeiros trimestres, adaptando tarefas e programacións para iso, avanzando materia naqueles cursos de carácter terminal con acceso a titulación (como 4º ESO e 2º Bach), contidos que se valoran exclusivamente para mellorar ou subir nota. E se realmente hai unha volta dos docentes na fase 1 preséntase a dificultade para compaxinar o ensino presencial e o ensino a distancia ante a falta de medios telemáticos nos centros. 

Desde ANPE cremos que só tería sentido retomar as clases presenciais neste curso escolar, se as autoridades sanitarias o permiten, nos cursos que dan lugar a titulación como son 4º da ESO, 2º de Bacharelato e Formación Profesional garantindo as medidas sanitarias correspondentes para evitar o contaxio do virus. 

O curso acaba en xuño e non cabe falar de estender as clases de reforzo a xullo, porque a avaliación xa tería lugar, así como os plans de mellora e recuperación programados polo profesorado, unha vez finalizado o proceso de ensino-aprendizaxe en xuño. 

En canto á incorporación ao centro dos alumnos con menos de seis anos cuxos pais teñan que acudir ao seu posto de traballo; desde ANPE reclamamos o carácter educativo e non só asistencial e lúdico da Educación, ademais da dificultade nestas idades para manter as medidas de seguridade e hixiene que nos obrigan as autoridades sanitarias

ANPE esixe que nin profesorado nin alumnado podan volver á aula sen as medidas de seguridade e hixiene, especialmente o destacado polos expertos: test xeneralizados para a poboación escolar (alumnado e profesorado), máscaras, xeles desinfectantes e luvas, cuxa subministración dista moito de estar asegurada, así como, a necesaria hixiene previa dos centros educativos, adecuación das ratios das aulas e dos espazos a fin de manter o distanciamento de seguridade

 

                                                                                                                      Santiago de Compostela, 29 de abril de 2020