WEB - ANPE esixe o aprazamento definitivo das oposicións en Galicia para o 2021 co mantemento da oferta de prazas actuais e as que xurdan neste ano.
Ante a reunión da deputación permanente do parlamento o mércores, 22 de abril, ANPE volve esixir o pronunciamento oficial da Consellería sobre o aprazamento definitivo das oposicións en Galicia como xa fixeron o resto de comunidades autónomas fai semanas.
Dende ANPE insistimos neste aprazamento definitivo en primeiro lugar, e máis importante, por SAÚDE: hai que garantir unhas medidas sanitarias, canto menos imposibles, cun número tan elevado de persoas, estaríamos falando de 20.000 persoas polo efecto "chamada" ao persoal opositor do resto de comunidades autónomas.
En segundo lugar, "os prazos forzados" dende que se anunciou unha nova prórroga ata o 9 de maio.
En terceiro lugar, con pouco máis dun mes estaría o tema da loxística que esto conleva: desprazamentos, aloxamento, manutención etc.