Información sobre a seguridade dos servizos dixitais educativos


17 Abr, 2020

WEB - Información sobre a seguridade dos servizos dixitais educativos ante comentarios difundidos sobre episodios de fraude no uso da banca electrónica

Ante as consultas recibidas relativas a comentarios difundidos nos últimos días en distintas canles de mensaxería acerca de episodios de fraude no uso da banca electrónica vinculados ao uso de servizos dixitais educativos, ben os corporativos da Xunta de Galicia, ou a outros de terceiros, infórmase que:

A información non procede de ningunha canle oficial, nin da Xunta de Galicia, nin da entidade bancaria referida que, ademais, confirmou non ter rexistrado ningún caso de fraude como o descrito. Tampouco a Xunta de Galicia ten detectado ningún incidente de seguridade nas distintas plataformas dixitais corporativas.

Nestes días de uso intensivo de Internet, lembramos a importancia de seguir os consellos de seguridade no uso de medios e servizos dixitais, tales como:

- Ter instaladas as últimas actualizacións de seguridade e dispoñer dun antivirus no seu equipo.
- Non facilitar nunca información de medios de acceso a servizos e plataformas (usuario e contrasinal, tokens, códigos recibidos por SMS etc.). Nin sequera tratándose de persoal que di ser de servizos de atención a usuarios debe realizarse esta práctica, xa que o persoal de atención a usuarios debe ter mecanismos para corrixir incidencias, restablecer contrasinais etc., sen requirir que a persoa usuaria lle facilite os medios de acceso.

Ante calquera dúbida ou incidencia, ten a súa disposición:

A Unidade de Atención Centros: 881 99 77 01
Información e recomendación sobre ciberseguridade na guía publicada pola Amtega e dispoñible na seguinte LIGAZÓN

Recomendacións de seguridade publicadas en espazoAbalar