OPOSICIÓNS 2020 - A Conselleira contesta por carta que "debedes seguir esperando" é INHUMANO


08 Abr, 2020

WEB - NON MÁIS INCERTEZA!  é inxustificable pero, sobre todo, INHUMANO coa situación da pandemia, a razón esgrimida na CARTA remitida pola Conselleira.

A Conselleira envía unha carta ás OOSS como representantes do profesorado en relación ás oposicións de 2020 insistindo unha vez mais que seguen adiante mentras haxa prazo,  A ÚNICA COMUNIDADE QUE AS MANTÉN.

Pero, nesa carta lonxe de rematar coa situación de ansiedade na que se encontran @s opositore@s, aliméntaa insistindo unha vez mais que: "... nunha situación tan complexa como a que estamos a vivir é manter o proceso porque ainda está en prazo de levarse a cabo"  EN SERIO?

ANPE Galicia considera INHUMANO prorrogar esta decisión cando o resto de CCAA xa decidiron aprazar os procesos selectivos e que non se tome xa unha decisión definitiva que remate coa situación de desprezo a incerteza n@s opositor@s e facemos valer o escrito entregado hai uns días pola nosa organización:  ANPE pídelle á Consellería que remate dunha vez coa incertidume d@s opositor@s