MUFACE flexibiliza o sistema de receitas no Estado de Alarma para a receita electrónica


06 Abr, 2020

WEBMUFACE flexibilizou o sistema de dispensación de receitas en papel mentres dure o estado de alarma, tras alcanzar acordos con distintas comunidades autónomas e os farmacéuticos. Inténtanse evitar desprazamentos innecesarios ao médico ou ao centro de saúde.

Mutualistas de opción pública SERGAS

Dende o 6 de abril está en marcha en Galicia pero cun sistema mixto, haberá que acudir á farmacia coa tarxeta sanitaria do SERGAS e o talonario de receitas en branco.

Mutualistas de opción privada
MUFACE e as entidades concertadas - Asisa, SegurCaixa Adeslas, DKV e Igualatorio Cantabria - seguen adiante co seu proxecto de receita electrónica baseada no desenvolvemento realizado por MUFACE, denominada SIREM.
Neste momento, ante a restricción legal de movilidade provocada pola crise sanitaria e o estado de alarma, estanse redoblando os esforzos para permitir tamén aos mutualistas desta opción non teñan que desprazarse á consulta do seu médico para recibir o seu prescripción. Realizáronse importantes avances neste periodo de tempo e está prevista a entrada en funcionamento deste sistema nos próximos días.
A información detallada de como proceder poderase consultar na web de cada entidade concertada
Pódese atopar un resumo de información actualizada na nosa web, vexa este enlace sobre RECEITA ELECTRÓNICA e o noso apartado de información sobre Coronavirus para mutualistas, e si usa redes sociais, a nosa conta de Twitter @mufaceoficial.