OPOSICIÓNS 2020 - ANPE solicita por escrito un pronunciamento oficial e urxente por parte da Conselleira


05 Abr, 2020

WEB - ANPE presenta por rexistro un ESCRITO dirixido á conselleira SOLICITANDO UN PRONUNCIAMENTO OFICIAL E URXENTE sobre a convocatoria ou aprazamento das oposicións e rematar o antes posible coa incertidume que afecta ao persoal opositor na actual situación sanitaria excepcional. 

A maioría das CCAA xa se pronunciaron dun xeito oficial sobre o aprazamento dos procesos selectivos ata 2021 por mor da crisis sanitaria sin precedentes que estamos a vivir pero, Galicia é unha das tres comunidades sen pronunciamento explícito de celebración das mesmas o que supón un inxusto estado de indefensión e incertidume por parte do noso persoal opositor nunha clara desvantaxe co resto dos opositores do estado que xa saben a que aterse. Cantas prórrogas mais van necesitar?

A Consellería en ningún momento realizou pronunciamento algún sobre pospoñer ou non as mesmas, e toda a información da que dispomos e a que traslada á prensa e medios non oficiais dado que en ningún momento, e como representantes dos traballadores, se nos trasladou postura algunha ou se realizou comunicado oficial por parte do Gobemo galego.