ANPE pídelle á Consellería que remate dunha vez coa incertidume d@s opositor@s


31 Mar, 2020

WEB -  ANPE pídelle á Consellería que remate dunha vez por todas coa incertidume d@s opositor@s

ANPE entende que debe ser o Goberno Central, en virtude das competencias que lle outorga o Real Decreto de Estado de Alarma o que ten que decidir, co asesoramento do comité técnico do COVID-19 sobre a celebración ou non das probas ante a falta de acordo entre as diferentes CCAA

Aínda que sabemos da autonomía que se nos confire como comunidade autónoma, a decisión de pospoñer a celebración de procesos selectivos en base a motivos sanitarios por causa da actual pandemia que estamos sufrindo é algo que nos excede como autonomía.

ANPE, en condicións normais, sempre defendeu, defende e defenderá unha ampla oferta de emprego público, pero si os expertos sanitarios entenden que a celebración das mesmas pode entrañar o máis mínimo risco para a saúde tanto de  opositor@ como membros de tribunais, estas deberían aprazarse non só na nosa comunidade senón en todo o Estado. 

Entendemos que é unha decisión difícil e sen precedentes, de aí que pidamos unha postura común que non vai gustar a todo o persoal opositor pero, neste momento hai que tomar unha decisión e  todo parece indicar que o 11 de abril non imos ter unha solución sanitaria, entón porque prolongar a incertidume?

 En calquera caso, desde ANPE entendemos que un aprazamento das probas non debe supoñer baixo ningún concepto que as prazas se vaian perder, terá que asegurarse  que todas as prazas que ían saír a concurso-oposición deben incrementarse na vindeira oferta de emprego que se elabore na nosa comunidade.

ANPE descarta calquera medida unilateral das distintas comunidades nun estado excepcional como o que se vive neste intre, debe ser o Ministerio o que lidere unha resposta coordinada como xa fai noutros procesos do ámbito educativo.     

                                                                                                                                                                                                 Santiago, 31 de marzo de 2020