Selección de recursos educativos dixitais organizados por etapas no INTEF, MEFP e Aulas galegas


26 Mar, 2020

WEB - Selección de recursos educativos dixitais, organizados por etapas: Infantil e Primaria; Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato; e Formación Profesional na web do INTEF, dependente do Ministerio de Educación e Formación Profesional

1. O INTEF (Instituto Nacional de Tecnologías Educativas e de Formación do Profesorado)

2. Por outra banda, tamén nos facilitaron por outra vía: AULASGALEGAS é un portal educativo realizado por un colectivo de profesoras e profesores sen ánimo de lucro que cremos que ante a situación de illamento provocada polo coronavirus Covid-19 debemos ofrecerlle unha axuda educativa á sociedade.

Para o alumnado e as súas familias publicaremos cada día material clasificado por nivel académico e materia para as etapas de Educación Infantil, Primaria, Secundaria e Bacharelato. Compartiremos contidos educativos de elaboración propia feitos especificamente para esta iniciativa e tamén outros que xa existen e que paga a pena divulgar.

Para o profesorado imos crear unha sección organizada por departamentos didácticos onde se poidan atopar páxinas doutro profesorado galego desas materias.

3. WEB do Ministerio de Educación e FP: ENLACE