Exención de visados de recetas nas oficinas de MUFACE polo estado de alarma


21 Mar, 2020

WEB - MUFACE garantiza o acceso aos medicamentos.

Aprobouse a exención do visado de receitas nas oficinas de MUFACE. Mentres dure o estado de alarma, pódese acudir directamente á farmacia para adquirir os medicamentos con receita.

Os mutualistas que estaban obrigados a selar as receitas nas oficinas de MUFACE para a obtención dos seus medicamentos, por precisar autorización, poderán adquirir os seus medicamentos con receita directamente na farmacia sen necesidade de facer ese desprazamento, debido ao estado de alarma en todo o territorio nacional declarado polo Goberno o pasado 14 de marzo (Real Decreto 463/2020), ante a emerxencia sanitaria provocada polo COVID-19.

No BOE de hoxe, 21 de marzo, publícase a Orde SND/266/2020 pola que se establecen determinadas medidas para asegurar o acceso á prestación farmacéutica do Sistema nacional de Saúde ao colectivo dos Réximes Especiais da Seguridade Social, que inclúe o ámbito de MUFACE.

Entre outras, o Ministerio de Sanidade exime transitoriamente da obrigación de “ estampillar o selo de visado de receitas daqueles medicamentos sometidos a reservas singulares consistentes na imposición de visado” previo á súa dispensación na farmacia.

Así mesmo, en atención aos mutualistas que non sexan de opción pública, a Orde Ministerial faculta a cada mutualidad a garantir o acceso a tratamentos con aqueles medicamentos sen cupón-precinto e que son dispensados nos servizos de farmacia dos hospitais privados concertados, con cargo ao orzamento de cada organismo ( FDH).

Medicamentos e produtos con visado: entre os medicamentos con maior número de prescricións que precisan visado figuran os antitrómbicos ( anticoagulantes), con 330.00 envases; os absorbentes de incontinencia de ouriños (150.000 aprox.) e os produtos dietoterápicos (89.000 aprox.) Séguenlle os medicamentos para a demencia (70.000 aprox.), os antidiabéticos (60.000 aprox.) e os fármacos inmunosupresores –para a prevención de rexeitamentos en transplantes e tratamento de enfermidades autoinmunitarias- cuns 56.000 envases.

As medidas aprobadas hoxe polo Goberno estenderanse ata o fin do estado de alarma e das súas posibles prórrogas.