WEB - ANPE APLAUDE O LABOR DE TODOS OS DOCENTES QUE, DESDE AS VOSAS CASAS, ESTADES A FACER POSIBLE QUE A ACTIVIDADE EDUCATIVA CONTINÚE
ANPE non se cansará de eloxiar o labor docente que, na primeira xornada na que os centros educativos permaneceron pechados, garantizou a continuidade das actividades educativas para o seu alumnado: con apenas un par de días, preparáronse actividades, coordináronse equipos docentes, puxéronse en marcha multitude de plataformas educativas on-line, coordinouse a comunicación con alumnado e familias...
Grazas, compañeir@s!
Moitos organismos, tanto públicos como privados, están tamén tratando de poñer o seu graniño de area nesta situación. Como exemplo o INTEF dependente do MEFP.
Podedes facer chegar calquera dúbida, suxerencia ou reivindicación aos nosos correos electrónicos SEDES de ANPE
Ánimo nestes días: Conta connosco.
# euquedomenacasa
# anpecontigo