WEB - Ante as dúbidas plantexadas, e unha vez feitas as consultas pertinentes por ANPE Galicia ante a Consellería:
- En función da situación actual as OPOSICIÓNS 2020 NON SE PARALIZAN (soamente os trámites administrativos de matrícula). Isto non quere dicir que esta situación poida mudar no futuro en función da evolución da situación.
Suspensión matrícula oposicións e procesos de admisión "Segundo o establecido na disposición adicional terceira do Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crisis sanitaria ocasionada polo COVID-19 e no apartado sétimo do Acordo do Centro de Coordinación Operativa (Cecop), mediante o que se adoptan medidas preventivas en lugares de traballo do sector público autonómico como consecuencia da evolución epidemiolóxica do coronavirus COVID-19 interrómpense o prazo para a presentación de solicitudes deste procedemento. O cómputo dos prazos reiniciarase no momento en que perda vixencia o acordo ou, se é o caso, as prórrogas deste" .
- TODOS os prazos administrativos están paralizados (absolutamente todos) mentres perdure o Estado de Alarma.