Resolución provisional das listas de interinidades de inglés e francés de Mestres


13 Mar, 2020

WEBResolución do 13 de marzo de 2020 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de mestres, especialidades de Lingua Estranxeira: Inglés (597032) e Lingua Estranxeira: Francés (597033).

Prazo de cinco días hábiles para formular reclamacións

Resolución provisional

Poderán formular reclamacións contra a relación provisional de persoas admitidas e excluídas, e o baremo provisional, mediante un escrito dirixido ao director xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. As alegacións así formuladas, unha vez presentadas no rexistro oficial correspondente, deberán adiantarse escaneadas (co selo de rexistro) tamén por correo electrónico no citado prazo ao enderezo persoal.primaria@edu.xunta.gal

Listaxe provisional de persoas excluídas Inglés

Listaxe provisional de persoas excluídas Francés

ENLACE ás LISTAS