WEB - Novas instrucións en relación co COVID-19
ANPE REXEITA ABSOLUTAMENTE semellante barbaridade: a Consellería elude a súa RESPONSABILIDADE e traslada a decisión de non acudir aos centros educativos aos EQUIPOS DIRECTIVOS.
Instrucións do 13 de marzo de 2020, provisionais dirixidas ás direccións dos centros educativos de ensino non universitario sobre a concreción das medidas a adoptar en relación coa pandemia covid-19 para os vindeiros 14 días naturais contados dende o 16 de marzo de 2020
1. PROCESO DE ADMISIÓN
Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases.
Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes.
2. PRESENZA DO PERSOAL DOCENTE E NON DOCENTE NO CENTRO
a) Educación infantil e primaria
-Centros de menos de 6 unidades
A titorización e a atención do alumnado realizarase cos medios non presenciais, telemáticos, telefónicos ou doutra índole dos que dispoñan os centros e as familias (por exemplo, webs dinámicas, aulas virtuais, Edixgal, etc)
b) Restantes centros
Para a titorización e atención ao alumnado polos medios non presenciais, telemáticos, telefónicos ou doutra índole dos que dispoñan os centros e as familias (por exemplo, webs dinámicas, aulas virtuais, Edixgal, etc) establécese a presenza do persoal docente que determine o equipo directivo, sempre que non presente sintomatoloxía. Non se terá en consideración o persoal de reforzo educativo, auxiliares de conversa..., etc. que non teñen a obriga de asistir ao centro.....