Alumnado - axudas para realizar actividades formativas STEM en lingua inglesa


13 Mar, 2020

DOGORDE do 2 de marzo de 2020 pola que se convocan axudas para realizar actividades formativas STEM en lingua inglesa, STEMweek, no ano 2020, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento ED504G).

Para realizar as actividades de formación dirixidas á mellora das competencias en lingua inglesa e competencia científico-tecnolóxica ou STEM (ciencia, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas) do alumnado que curse 3º ou 4º de educación secundaria obrigatoria no réxime xeral e matriculado en centros docentes sostidos con fondos públicos en Galicia, durante o ano 2020.

Esta actividade terá lugar no CRD da Coruña (Centro Residencial Docente, O Burgo-Acea de Ama s/n, Culleredo, 15670) en réxime de internado de domingo a sábado seguinte. No mes de agosto.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

O prazo para presentar as solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.