OPOSICIÓNS 2020 - Orde pola que se convocan os PROCESOS SELECTIVOS de acceso aos diferentes corpos


13 Mar, 2020

DOG ORDE do 24 de febreiro de 2020 pola que se convocan procedementos selectivos de acceso ao corpo de inspectores de educación, ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores de escolas oficias de idiomas e ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño, e de ingreso ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, ao corpo de profesores de música e artes escénicas, ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño, ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, profesores de artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED001A).

Prazo de presentación de solicitudes: 15 días hábiles dende o día seguinte a publicación (sábado e domingo non contabilizan) polo tanto, dende o luns, 16 de marzo ao luns, 6 de abril.
Presentación exclusiva por medios telemáticos: a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, para o cal será necesario posuír algún dos certificados electrónicos admitidos ou darse de alta no sistema Chave 365. Neste último caso poderá empregarse calquera das vías que se establecen no seguinte enlace: https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365 onde se facilitará unha chave que permitirá realizar de forma electrónica diversos trámites naqueles procedementos que así o estableza a Xunta de Galicia.

ENLACE á WEB da Consellería para as INSTRUCCIÓNS e MATRÍCULA

O proceso de presentación de solicitudes é moi sinxelo: ao entrar na aplicación informática https://www.edu.xunta.es/oposicions e logo de cuberta a solicitude de participación, a persoa interesada deberá premer na opción “enviar a sede electrónica” e nese momento accederá a esta plataforma na que deberá asinar a solicitude empregando algún dos certificados electrónicos admitidos ou a Chave 365. O pagamento dos dereitos de exame (taxa) tamén se realizará de forma electrónica, a través do enlace que se indicará na propia aplicación https://www.edu.xunta.es/oposicions. Logo de cubrir a solicitude e, unha vez efectuado o pagamento, figurará "estado: pagado" e poderá descargar o xustificante da dita operación desde a propia aplicación de oposicións.

Se se autoriza á consellería que poida comprobar automaticamente todos aqueles documentos elaborados polas administracións públicas, non se terá que achegar ningún documento acreditativo destes datos.

Deberán achegar o título aquelas persoas que posúan o título de mestre/a de ensino primario, diplomatura en profesorado de educación xeral básica, mestre/a ou grao de mestre/a en educación primaria e aqueloutras persoas que posúan unha titulación de licenciatura ou enxeñería nos que se requira unha especialidade para formar parte das listas para cubrir interinidades ou substitucións. Ademais do anterior, se no título non consta a especialidade e, de ser o caso, o idioma estranxeiro deste, deberán achegar a certificación académica persoal. O motivo é que no Rexistro de Títulos do Ministerio de Educación non constan as mencións nin a as especialidades.

Así mesmo, aquelas persoas graduadas en educación primaria que obtiveran unha mención nunha Universidade distinta da que obtiveron o título, e aleguen esta mención para a súa inclusión nas listas de interinidades ou substitucións deberán achegar certificación académica oficial expedida pola Universidade acreditativa da obtención da mención.

Preguntas máis frecuentes da inscrición en liña

Para calquera dúbida ou consulta, contacta con nós nas diferentes SEDES de Galicia por teléfono, whatsapp ou mail