Prazo de presentación de solicitudes: 15 días hábiles dende o día seguinte a publicación (sábado e domingo non contabilizan) polo tanto, dende o luns, 16 de marzo ao luns, 6 de abril.
Presentación exclusiva por medios telemáticos: a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, para o cal será necesario posuír algún dos certificados electrónicos admitidos ou darse de alta no sistema Chave 365. Neste último caso poderá empregarse calquera das vías que se establecen no seguinte enlace: https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365 onde se facilitará unha chave que permitirá realizar de forma electrónica diversos trámites naqueles procedementos que así o estableza a Xunta de Galicia.
ENLACE á WEB da Consellería para as INSTRUCCIÓNS e MATRÍCULA
O proceso de presentación de solicitudes é moi sinxelo: ao entrar na aplicación informática https://www.edu.xunta.es/oposicions e logo de cuberta a solicitude de participación, a persoa interesada deberá premer na opción “enviar a sede electrónica” e nese momento accederá a esta plataforma na que deberá asinar a solicitude empregando algún dos certificados electrónicos admitidos ou a Chave 365. O pagamento dos dereitos de exame (taxa) tamén se realizará de forma electrónica, a través do enlace que se indicará na propia aplicación https://www.edu.xunta.es/oposicions. Logo de cubrir a solicitude e, unha vez efectuado o pagamento, figurará "estado: pagado" e poderá descargar o xustificante da dita operación desde a propia aplicación de oposicións.
Se se autoriza á consellería que poida comprobar automaticamente todos aqueles documentos elaborados polas administracións públicas, non se terá que achegar ningún documento acreditativo destes datos.
Deberán achegar o título aquelas persoas que posúan o título de mestre/a de ensino primario, diplomatura en profesorado de educación xeral básica, mestre/a ou grao de mestre/a en educación primaria e aqueloutras persoas que posúan unha titulación de licenciatura ou enxeñería nos que se requira unha especialidade para formar parte das listas para cubrir interinidades ou substitucións. Ademais do anterior, se no título non consta a especialidade e, de ser o caso, o idioma estranxeiro deste, deberán achegar a certificación académica persoal. O motivo é que no Rexistro de Títulos do Ministerio de Educación non constan as mencións nin a as especialidades.
Así mesmo, aquelas persoas graduadas en educación primaria que obtiveran unha mención nunha Universidade distinta da que obtiveron o título, e aleguen esta mención para a súa inclusión nas listas de interinidades ou substitucións deberán achegar certificación académica oficial expedida pola Universidade acreditativa da obtención da mención.
Preguntas máis frecuentes da inscrición en liña
Para calquera dúbida ou consulta, contacta con nós nas diferentes SEDES de Galicia por teléfono, whatsapp ou mail