Esta convocatoria, ao abeiro da Estratexia galega de linguas estranxeiras 2020, para a mellora do plurilingüismo no ensino non universitario, contempla unha liña dentro da modalidade B, a través da cal o profesorado poderá complementar a súa formación técnica en empresas da Unión Europea cunha formación lingüística, co obxectivo de mellorar a competencia lingüística técnica do profesorado e favorecer as metodoloxías AICLE na formación profesional.
O profesorado que cumpra, entre outras, as seguintes condicións:
- Ser funcionario/a.
- Estar en situación de servizo activo no período solicitado para a realización da estadía, prestando servizos en centros públicos dentro do ámbito de xestión da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.
Modalidade A: estadías formativas en empresas ou institucións relacionadas no anexo I da convocatoria.
Modalidade B:
- Tipo B-1: a estadía realizase en empresas ou institucións da Comunidade Autónoma de Galicia.
- Tipo B-2: a estadía realizase en empresas ou institucións do resto do Estado ou en países da Unión Europea.
- Tipo B-3: a estadía realizase en empresas ou institucións situadas en países da Unión Europea e complementarase cunha formación lingüística no idioma do país onde se desenvolva a estadía.
O procedemento de solicitude desenvolverase en dúas fases.
1ª fase: ata o 13 de marzo de 2020.
2ª fase: ata o 27 de marzo de 2020.