Implantación de bacharelato, nas modalidades de Artes e de Ciencias, no IES Valadares de Vigo.


27 Feb, 2020

DOGORDE do 17 de febreiro de 2020 pola que se autoriza a implantación das ensinanzas de bacharelato, nas modalidades de Artes e de Ciencias, no IES Valadares de Vigo.

A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, no capítulo IV do seu título I, determina a organización do bacharelato en diferentes modalidades, e o Decreto 86/2015, do 25 de xuño, establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.

Analizadas as necesidades educativas xurdidas e a oferta de modalidades en funcionamento, resulta necesario ampliar esta oferta coa finalidade de mellorar a atención do alumnado de bacharelato.Por todo canto antecede, logo do informe favorable da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

Autorízase a implantación das ensinanzas de bacharelato, nas modalidades de Artes e de Ciencias, no IES Valadares, do concello de Vigo (código 36020374), desde o inicio do curso 2020/21.

Disposición derradeira primeira. Desenvolvemento normativo

Autorízanse a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa e a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos para adoptaren todos os actos e medidas necesarios para a aplicación desta orde.