Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras para ESO e Bach


26 Feb, 2020

DOG ORDE do 10 de febreiro de 2020 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2020, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento ED504B).

Para alumnado de centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia que estea a cursar durante o curso 2019/20, no réxime xeral, 1º, 2º, 3º ou 4º da educación secundaria obrigatoria ou 1º ou 2º de bacharelato.

As actividades que se convocan, cuxo contido se especifica en canto a número de prazas (1.600), destino e réxime de aloxamento no anexo IV, son actividades de formación para a mellora na competencia no uso de linguas estranxeiras.

O período de realización destas actividades comprenderá desde a última semana do mes de xuño ata finais do mes de agosto de 2020, coa excepción das actividades para o 2º curso de bacharelato, que se desenvolverán no mes de agosto, e das actividades de integración, que se desenvolverán no inicio do curso 2020/21.

O procedemento de solicitude iniciarase a través da aplicación en liña dispoñible desde a páxina web http://www.edu.xunta.es/axudasle e cubrirase o formulario electrónico que corresponda en función da actividade en que desexan participar. Unha vez cuberto este formulario, gravarán os datos na aplicación en liña, o que permitirá elixir entre a presentación a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou presencialmente a través dun lugar ou rexistro dos establecidos na norma reguladora do procedemento administrativo común, xerando os documentos en formato Adobe Acrobat correspondentes aos anexos I e II, os mesmos que os obtidos a través da sede electrónica, que a persoa interesada deberá imprimir.

Para a presentación das solicitudes por vía electrónica, poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

No caso da opción de presentación a través dun lugar ou rexistro dos establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, a solicitude (anexo I) deberá asinala o representante (o pai, a nai ou a persoa que exerce a titoría, no caso de alumnado menor de idade) ou o alumno ou alumna maior de 18 anos solicitante.

Importe individual: a contía da axuda para cada persoa beneficiaria será a resultante de aplicar a diferenza entre o custo por praza e a achega que lle corresponda segundo os custos e os grupos de achega familiar (A, B, C e D) sinalados na táboa seguinte e de acordo co procedemento aplicado para a súa selección e asignación a un grupo de achega familiar.

Prazo de presentación de solicitudes: un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.