Unha vez rematado o procedemento previo á concesión das actividades de inmersión lingüística establecidas na convocatoria, cómpre facer pública a relación definitiva dos centros seleccionados destas actividades, de acordo co establecido no artigo 11.5 da devandita orde.
1. Publicar a listaxe dos centros seleccionados coa puntuación obtida.
2. Contra esta resolución poderá interporse un recurso de alzada ante a conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.