Resolución do 31 de xaneiro de 2020 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se convocan prazas destinadas ao profesorado de centros docentes públicos da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional para a realización dun curso de especialización en educación emocional, faise pública a listaxe provisional das persoas seleccionadas, das non seleccionadas e das persoas excluídas.
As alegacións presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos e serán dirixidas á Dirección Xeral de Educación,Formación Profesional e Innovación educativa no prazo de 2 días hábiles a contar dende o día seguinte á publicación na web. Despois de presentadas na sede electrónica, adiantaranse por correo electrónico a xestionformacion@edu.xunta.gal como documento anexo.
Listaxe provisional de persoas seleccionadas
Listaxe provisional de persoas excluidas