FP - axudas económicas para alumnado en formación práctica de FCT ou FP


12 Feb, 2020

DOGORDE do 31 de decembro de 2019 pola que se fai pública a resolución das axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo ou FP dual, convocadas pola Orde do 6 de maio de 2019.

Anunciar a exposición das listaxes definitivas das persoas beneficiarias das axudas concedidas e nas contías que se indican, correspondentes ao ano 2019 (prazo outubro), nos centros educativos colaboradores na xestión desta convocatoria de axudas e na Base de datos nacional de subvencións, prevista no artigo 18 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, consonte a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.