O prazo para formular solicitudes será de cinco días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución
Resolución do 10 de febreiro de 2020, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de ensino secundario (590), especialidade de navegación e instalacións mariñas (109), de sistemas electrónicos (124), de sistemas electrotécnicos e automáticos (125) e no corpo de profesores técnicos de formación profesional (591), especialidade de equipos electrónicos (202), de instalacións electrotécnicas (206), de máquinas, servizos e produción (210), de mecanizado e mantemento de máquinas (211) e operacións e equipos de elaboración de produtos alimentarios (214).
As persoas interesadas deberán formular unha solicitude e un aboamento de taxas por cada unha das especialidades nas que desexe inscribirse. Con elas deberán achegar unha copia da documentación xustificativa dos requisitos mínimos previstos na base segunda, e da documentación acreditativa daqueles méritos que aleguen susceptibles de valoración segundo o previsto na base novena. O modelo normalizado de solicitude e o modelo normalizado de baremación de méritos serán os que figuren publicados no portal de Internet da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional www.edu.xunta.gal no apartado de profesorado>xestión de profesorado. Será causa de exclusión non empregar os ditos modelos normalizados.
(Códigos: Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, código 07; Delegación de Servizos Centrais, código 13; Servizo de Secretaría, código 01; taxa denominación, solicitude de inscrición nas listas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo na administración da Comunidade Autónoma: código 300301).
Os dereitos de inscrición nas listas serán de 18,04 euros.
.