Apertura das listas de interinidades e substitucións das especialidades de saxofón


10 Feb, 2020

WEBApertura das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de música e artes escénicas (594), especialidade saxofón (424)

O prazo para formular solicitudes será de cinco días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución.

Logo de esgotadas as listas correspondentes ao corpo de profesores de música e artes escénicas (594), especialidade saxofón (424), procede realizar a convocatoria para establecer o procedemento para a incorporación de novas persoas candidatas á correspondente lista de interinidades e substitucións.

Resolución do 10 de febreiro de 2020, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de música e artes escénicas (594), especialidade saxofón (424).

1.Posuír algunha das titulacións ou condicións: 

- Título Superior de Música, especialidade Interpretación (itinerario Saxofón) ou especialidade Pedagoxía (itinerario Pedagoxía do Saxofón); ou Título de Graduado/a en Música, especialidade Interpretación (itinerario Saxofón) ou especialidade Pedagoxía (itinerario Pedagoxía do Saxofón). Real decreto 631/2010, do 14 de maio.

- Título Superior de Música, especialidade Saxofón ou especialidade Pedagoxía (opción Pedagoxía do Saxofón). Real decreto 617/1995, do 21 de abril.

- Título de Profesor Superior ou Título de Profesor, especialidade Saxofón. Decreto 2618/1966, do 10 de setembro.

2. Acreditar o coñecemento da lingua galega.

Non obstante o anterior poderán formular solicitudes aquelas persoas que, posuíndo as titulacións sinaladas no número 1, non posúan o certificado de coñecemento da lingua galega (Celga 4) ou equivalente. Estas persoas candidatas poderán ser seleccionadas na falta de candidatos que si o acrediten. Neste caso, de seren seleccionadas, as persoas candidatas deberán obter, no prazo máximo de dous anos desde que sexan nomeados, o citado certificado de coñecemento da lingua galega (Celga 4) ou equivalente.

As persoas interesadas deberán formular unha solicitude e un aboamento de taxas por cada unha das especialidades nas que desexe inscribirse. Con elas deberán achegar cuberto o modelo de alegación de méritos, e unha copia da documentación xustificativa dos requisitos mínimos previstos na base segunda e da documentación acreditativa daqueles méritos que aleguen susceptibles de valoración segundo o previsto na base novena. O modelo de solicitude e de alegación de méritos serán os que figuren publicados no portal de Internet da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional www.edu.xunta.gal no apartado de colectivo>profesorado>xestión de profesorado.

(Códigos: Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, código 07; Delegación de Servizos Centrais, código 13; Servizo de Secretaría, código 01; taxa denominación, Inscrición nas listas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo na Administración da Comunidade Autónoma: código 30.03.01).

Os dereitos de inscrición nas listas serán de 18,04 euros.