Actualización das retribucións coa subida do 2 %


11 Feb, 2020

DOGORDE do 29 de xaneiro de 2020 pola que se actualizan con efectos do 1 de xaneiro de 2020 a contía das retribucións do persoal ao servizo da Administración autonómica para o ano 2020.

  >>> TÁBOA resumo de RETRIBUCIÓNS complementos coa subida

O Real decreto lei 2/2020, do 21 de xaneiro, polo que se aproban medidas urxentes en materia de retribucións no ámbito do sector público (BOE do 22 de xaneiro) establece que para o ano 2020, as retribucións do persoal ao servizo do sector público non poderán experimentar un incremento global superior ao 2 % respecto ás vixentes en 31 de decembro de 2019.

Establece, ademais, que se o incremento do produto interior bruto (PIB) a prezos constantes en 2019 alcanzase ou superase o 2,5 % engadiríase, con efectos do 1 de xullo de 2020, outro 1 % de incremento salarial. Para un crecemento inferior ao 2,5 %, o incremento diminuíra proporcionalmente en función da redución que se produza.

Este incremento será de aplicación unha vez se aprobe mediante Acordo do Consello de Ministros e se dea traslado ás comunidades autónomas.

Polo tanto, posteriormente, de ser o caso, realizarase a actualización desta orde para a aplicación desde o 1 de xullo de 2020 do dito incremento adicional.

DOCENTES 

ANEXO III - Funcionarios/as que desempeñan postos de traballo para os cales o Consello da Xunta de Galicia aprobou a aplicación do réxime retributivo previsto na Lei 2/2015, do emprego público de Galicia.

ANEXO V - Inspectores/as de educación, profesorado dos centros de ensino básico, bacharelato, formación profesional, ensinanzas artísticas e idiomas.