Listaxe provisional de persoas excluídas
De acordo co establecido na base décimo quinta da Orde do 9 de outubro de 2019 pola que se convoca concurso específico entre o persoal funcionario docente do corpo de mestres para cubrir prazas de xefatura de Departamento de Orientación nos colexios públicos de educación infantil e primaria, de educación primaria e de educación especial dependentes desta consellería (DOG núm. 200, do 21 de outubro), o persoal concursante poderá presentar reclamación á resolución provisional no prazo de 10 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación da adxudicación de destinos provisionais na páxina web da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.
O prazo para reclamacións e renuncias, e o comprendido entre o día 7 e o 20 de febreiro ambos incluídos.
Igualmente, e no mesmo prazo, o persoal concursante poderá presentar renuncia a súa participación no concurso.
As ditas reclamacións e renuncias presentaranse polos procedementos aos que alude a base sexta ENLACE ao CXT e remitiranse ademais por correo electrónico a:persoal.primaria@edu.xunta.gal
O persoal funcionario do corpo de mestres que estea participando simultaneamente nesta convocatoria e nas realizadas pola Orde de 8 de outubro de2019, pola que se convoca o concurso de traslados (DOG núm. 200, do 21 de outubro), ou pola Orde do 13 de novembro, pola que se convoca concurso específico para cubrir prazas nos centros específicos de educación e promoción de adultos (DOG núm. 222, do21 de novembro), e que obteña praza definitiva da xefatura de Departamento deOrientación, entenderase que renuncia á participación nos concursos, tanto no xeral como no específico de adultos.
De acordo coa base segunda, se a praza adxudicada é un centro de orientación compartido, poderá consultar se ten centros compartidos e/ou adscritos no Anexo II ou no Anexo III da orde pola que se convoca este concurso específico.