CXT 2019/20 - Resolución provisional do concurso de traslados específico de ADULTOS


06 Feb, 2020

WEB - Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se resolve provisionalmente o concurso de trasladosespecífico, entre persoal funcionario docente do corpo de mestres e do corpo de profesores de ensino secundario, para cubrir prazas nos centros específicos de educación e promoción de adultos.

  O prazo para alegacións e renuncias é de 5 días hábiles, iniciándose o 07/02/2020 e rematando o 13/02/2020, ambos incluídos

Resolución provisional primaria

Resolución provisional secundaria

Listaxe provisional de persoas excluídas secundaria

Contra esta resolución provisional, segundo o establecido na base décimo sexta da Orde do 13 de novembro de 2019, cabe reclamación no prazo de cinco (5) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da súa publicación na citada páxina web. O prazo de renuncias será o mesmo que o establecido para as reclamacións.

Non obstante, serán admitidas as reclamacións e renuncias presentadas con anterioridade.

As reclamacións e renuncias poderanse presentar polos procedementos a que alude a base décimo primeira ENLACE ao CXT  e remitiranse ademais por correo electrónico, dentro do prazo establecido, aos enderezos seguintes: no caso do corpo de mestres a persoal.primaria@edu.xunta.gal e no caso do corpo de profesores de ensino secundario a persoal.secundaria@edu.xunta.gal