Proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos


05 Feb, 2020

DOGRESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos e se ditan instrucións para a súa realización.

1º. O prazo de presentación das solicitudes será entre o 27 de febreiro e o 12 de marzo de 2020.

2º. As solicitudes de inscrición deberán presentarse en soporte papel, nos centros educativos sinalados no número 3º desta epígrafe ou por calquera dos medios establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, utilizando o formulario normalizado (anexo I desta resolución) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.

3º. Os centros onde se pode presentar a solicitude son os seguintes: 

a) Centro EPA Eduardo Pondal, rúa da Educación, 3, 2º andar, 15003 A Coruña.

b) IES San Clemente, rúa San Clemente, s/n, 15705 Santiago de Compostela.

c) Centro EPA Albeiros, parque da Milagrosa, s/n, 27003 Lugo. 

d) Centro EPA de Ourense, rúa Álvarez de Sotomayor, 4, 32002 Ourense.

e) Centro EPA Río Lérez, avenida de Buenos Aires, 26, 36002 Pontevedra.

f) Centro EPA Berbés, rúa Marqués de Valterra, 8, 1º, 36202 Vigo.

No prazo dos quince días posteriores á conclusión do prazo de presentación de solicitudes, o tribunal publicará esas listas (anexo II) nos centros educativos sinalados no número 3º da epígrafe 2 desta resolución.

A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/modelos-xenericos), que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A proba celebrarase o día 24 de abril de 2020 en sesións de mañá e tarde no IES San Clemente de Santiago de Compostela.