O prazo para formular solicitudes será de cinco días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución.
Resolución do 27 de xaneiro de 2020
Modelo de alegación de méritos
As persoas interesadas deberán formular unha solicitude e un aboamento de taxas por cada unha das especialidades nas que desexe inscribirse. Con elas deberán achegar unha copia da documentación xustificativa dos requisitos mínimos previstos na base segunda, e da documentación acreditativa daqueles méritos que aleguen susceptibles de valoración segundo o previsto na base novena. Coa finalidade de acreditar o idioma cursado na titulación deberá achegarse a certificación académica persoal para o suposto de que a titulación alegada para a incorporación á lista sexa a de Diplomado en Profesorado de Eduación Xeral Básica, especialidade de Filoloxía ou Lingua española e idiomas modernos, Mestre, especialidade de Lingua estranxeira ou Graduado en Educación Primaria, mención Lingua estranxeira.
O modelo normalizado de solicitude e o modelo normalizado de baremación de méritos serán os que figuren publicados no portal de Internet da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional www.edu.xunta.gal no apartado de profesorado>xestión de profesorado. Será causa de exclusión non empregar os ditos modelos normalizados.
Importe e pagamento dos dereitos de inscrición nas listas
(Códigos: Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, código 07; Delegación de Servizos Centrais, código 13; Servizo de Secretaría, código 01; taxa denominación, solicitude de inscrición nas listas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo na administración da Comunidade Autónoma: código 300301).