Relación provisional de admitidos e excluídos nas listas de INFORMÁTICA e SISTEMAS e APLIC. INFORMÁTICAS


21 Xan, 2020

WEB - Resolución do 21 de xaneiro de 2020 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de informática (590107) e no corpo de profesores técnicos de formación profesional, especialidade de sistemas e aplicacións informáticas (591227).

Resolución provisional

As persoas interesadas poderán formular reclamacións contra a relación provisional de persoas seleccionadas, non seleccionadas, a relación de persoas excluídas provisionais e o baremo provisional, mediante un escrito dirixido ao director xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional no prazo de cinco días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no citado portal da Internet. As alegacións así formuladas deberán remitirse despois da súa presentación oficial, co selo de rexistro, tamén por correo electrónico no citado prazo ao enderezo persoal.secundaria@edu.xunta.es

Listaxe provisional de persoas excluídas

ENLACE ás listaxes