NP - Subida salarial insuficiente para o profesorado


21 Xan, 2020

WEB - SUBIDA SALARIAL INSUFICIENTE PARA O PROFESORADO, tras os recortes sufridos dende o 2010

Na reunión do Consello de Ministros celebrada no día de hoxe, tomouse a decisión de realizar unha subida salarial aos empregados públicos dun 2%. Esta subida é froito do Acordo que asinaron os sindicatos CSIF, UXT e CCOO co Goberno do Partido Popular que, desde ANPE, xa denunciamos no seu momento que era máis que insuficiente, pois se esquecía do profesorado e impedía nos próximos anos acordar subidas retributivas maiores que posibiliten a recuperación do salario perdido desde 2010 e poder conseguir a equiparación salarial.

Hai que lembrar que o forte recorte salarial sufrido polos empregados públicos en 2010 foi moito maior nos grupos funcionariales nos que se encadra o profesorado, sendo naquel momento o recorte salarial na maioría dos corpos docentes do 7%,mentres que para outros colectivos de empregados públicos foi inferior ao 1%. O devandito recorte repercutiu, e aínda perdura, fundamentalmente nas pagas extraordinarias as cales, xusto antes dese recorte, chegaron a ser dobres por primeira vez para o profesorado e desde ese momento víronse minguadas ao redor dun 30%. 

No citado Acordo de “recuperación salarial”, os sindicatos asinantes non usan a mesma fórmula para recuperar o perdido que a que se aplicou no recorte salarial, véndonos de novo discriminados. Tampouco incluíron a demanda de ANPE de establecer unha cláusula de revisión salarial en función do IPC para evitar que aumente a perda de poder adquisitivo no futuro e evitar as conxelacións salariais sufridas nestes anos. 

Doutra banda, este Acordo, ao limitar calquera outra subida de retribucións, dificulta o poder chegar á equiparación salarial do profesorado nas distintas Comunidades Autonómicas. Así, nos últimos anos, a brecha salarial foi aumentando progresivamente, chegando a ser, nalgúns casos, de máis de 6.000 euros anuais por realizar as mesmas funcións e accedendo cos mesmos requisitos e condicións, simplemente dependendo da Comunidade Autónoma na que se estea traballando. 

Desde ANPE, co aval do respaldo maioritario recibido nas últimas eleccións sindicais por parte do profesorado, seguiremos loitando e reividicando en todos os foros de negociación:

  1. Equiparación salarial nas CCAA.
  2. Pagas extraordinarias dobres.
  3. Recuperación do 20% de poder adquisitivo.
  4. Clausula de revisión salarial anual en función do IPC. (unha vez recuperado o perdido e para evitar novas pérdidas)